- Tema

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, participou onte no Centro de Convivencia Maruja Mallo na entrega de premios do XV Certame de debuxo “Educar para Previr” que este ano contou co lema A Escola: un espazo saudable. Neste certame participaron 12 centros educativos de educación primaria da cidade, sendo un total de cerca de 1.300 os rapaces e rapazas participantes.
Os 12 gañadores recibiron cadanseu diploma, un vale de 50 euros para material escolar, un calendario e o libro Familias, jóvenes, drogas y tiempo libre, editado polo Concello.
Na entrega de agasallos participaron, ademais da Concelleira, as familias dos premiados, así como diverso profesorado dos centros educativos.
O certame é unha iniciativa do Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias que ao longo de todo o curso se achega aos diferentes centros educativos tanto de primaria como de secundaria para ofertar aos rapaces e rapazas información acerca da temática das drogas e das súas consecuencias. Este tema tan importante, precisa a implicación de ámbitos como a familia e a escola, sendo o profesorado un axente importante pola súa labor educativa e social.