Mércores, 26 de abril de 2023
Fonte:
Gabinete de Prensa

Incendio de vehículo
Sobre as 01,00 horas do día 26 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode á rúa Sierra de Meira xa que ao parecer había un incendio nun vehículo.
Os axentes preséntanse de inmediato observando como un vehículo está en chamas, e os seus ocupantes fora do mesmo ilesos, procedendo o Servizo de Bombeiros a extinguir o incendio, e os axentes da Policia Local ao corte do vial.
Identificado o condutor manifesta que cando circulaba normalmente co vehículo comezou a incendiarse, saíndo rapidamente do vehículo.
Os Bombeiros extinguen o incendio, comprobando que o vehículo estaba completamente destruído.