Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 20 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Presunto delito contra a seguridade viaria

Durante os filtros de seguridade viaria levados a cabo durante a xornada do mércores, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio observou a circulación errática dun vehículo pola Avd. da Coruña e os policías, ao contactar co condutor, comprobaron que presentaba signos externos de atoparse baixo a influencia do alcol, polo que foi sometido ás probas de alcol regulamentarias, nas que lanzou resultados de 0.70 e 0.72 mg/L, motivo polo cal se instrúen as correspondentes dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo de motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Incendio en contedor

Ás 17’30 horas do mércores, os axentes de Policía de Barrio foron comisionados pola Sala do 092 na rúa Ramiro Rueda, onde había un contedor ardendo. Unha vez no lugar, os policías restrinxiron tanto o tráfico rodado como o peonil na zona afectada, mentres duraron os traballos de extinción por parte do Servizo de Bombeiros. Finalmente, os axentes requiriron a presenza do Servizo de Limpeza para a retirada dos restos queimados, tratándose dun contedor de papel e cartón.

Discusión de parella

Sendo as 00’05 horas, un axente desta Policía que se atopa fóra de servizo observa que se está producindo unha forte discusión entre unha parella na Praza de Augas Férreas, polo que dá aviso de inmediato á Sala do 092, que envía un indicativo do Grupo Operativo Nocturno, manténdose o axente fora de servizo no lugar ata a chegada da patrulla. Unha vez no lugar, os axentes entrevístanse por separado con ambos os membros da parella, comprobando que se trata dunha discusión por temas persoais, na que non mediou ningún tipo de violencia, sen que ningún dos dous necesite auxilio policial, motivo polo cal dan por finalizado o servizo.

Poste caído sobre a vía pública

Durante a mañá do mércores, a Sala do 092 recibiu información sobre un poste de telefonía caído sobre a vía pública, polo que enviou ao lugar un indicativo de Policía de Barrio. Os policías comprobaron que o poste caera sobre a calzada, polo que foi necesario sinalizar a zona, para restrinxir o tráfico rodado, ata que o servizo correspondente, xa en horas da tarde, procedeu á retirada do citado poste do lugar.

Presunto delito de agresión sexual

Ás 21’30 horas, cando os axentes da Unidade de Atestados atópanse de servizo na vía pública, son requiridos por varias xóvenes, que lles informan de que, instantes antes, cando unha delas se atopaba sentada nun banco fora agredida por un home maior, que se sentou ao seu lado, efectuándolle tocamentos e realizando comentarios de índole sexual, polo que ela ausentouse do lugar. Tras recibir apoio inmediato dos indicativos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, os axentes localizan ao presunto autor introducíndose nunha vivenda próxima, polo que se dirixen ao lugar e requírenlle para que salga ao exterior, facéndoo cunha vestimenta distinta á que levaba cando entrara.

Devandito suxeito foi detido de inmediato e trasladado a dependencias policiais para a instrución das correspondentes dilixencias.

Os axentes tamén localizaron aos pais da menor, que se fixeron cargo da mesma no lugar dos feitos, recibindo información do procedemento para seguir para formalizar a denuncia correspondente.

Noticias relacionadas