Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 17 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por delito de quebrantamento de condena

Na mañá do día 15 de abril, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo pola rúa Camiño Real, é requirida por unha persoa que lles manifesta que hai unha pelexa á altura dun local de hostalería de cálea Pintor Villamil.

Os axentes diríxense de inmediato ao devandito lugar, atopando a unha moza sentada nun portal, chorando e ao seu lado un mozo en estado de embriaguez, manifestando a moza que non fora agredida polo home, pero os axentes observan que presenta as medias rachadas, os xeonllos arroibados e un golpe na fronte, sendo auxiliada e requirindo a presenza dunha ambulancia cuxa dotación sanitaria atende á vítima.

Os policías proceden á identificación destas persoas, comprobando a través das bases de datos policiais que o home ten vixente unha orde de afastamento da muller, procedendo por tal motivo á súa detención, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Venda ambulante non autorizada

Na mañá de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, con motivo da celebración do mercadillo semanal, sorprenderon a CATRO persoas ocupando o espazo público para o exercicio de venda ambulante non autorizada, levantándose catro actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción de 600 euros a cada unha destas persoas.

Así mesmo una destas persoas foi denunciada tamén por outra infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, propoñéndose sanción de ata 600 euros.

Auxilio cidadán

A mañá de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo pola Avenida da Coruña, observa a unha muller que está tirada na beirarrúa, produto dunha caída, observando que presenta unha brecha na cara, sendo auxiliada polos axentes que o cobren cunha manta térmica, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 onde é trasladado ao HULA para a súa atención médica.

Noticias relacionadas