Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 16 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por delito de malos tratos no ámbito familiar
 
Na tarde do día 15 de novembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se trasladen á rúa Río Lor confluencia coa rúa Quiroga, xa que un home agredira a un neno pequeno e ausentouse do lugar conducindo un vehículo, achegando número de placa de matrícula.

Os axentes, tras consultar a base de datos policial, comparecen no domicilio do titular, sendo recibidos pola nai do neno que manifesta que está co seu pai que o levou a actividades extraescolares, acudindo os axentes a unha destas, entrevistándose cunha das responsables, manifestando que cando o neno entrou na actividade contoulle que o seu pai pegáralle porque tirara un iogur, identificando os axentes a unha testemuña dos feitos que manifestou que o pai lle pegara ao neno, propinándolle unha patada e dúas labazadas, motivo polo cal se procede á detención do pai do neno por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar, sendo trasladado a dependencias policiais, instruíndose as oportunas dilixencias para o Xulgado correspondente, recoñecendo que pegara ao seu fillo xa que se puxo nervioso.
 
Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria
 
Na tarde de onte, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo acode á rúa Industria, xa que se produciu un accidente de circulación no que un turismo, que estaba detido para penetrarse nunha glorieta, é alcanzado por un turismo que lle precede que dá marcha atrás, golpeando co gancho-remolque contra a defensa dianteira do vehículo detido, mostrando o condutor do vehículo, que realiza a marcha atrás, signos evidentes de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,92 mg/l (case catro veces máis do permitido), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
 
Controis de velocidade
 
No día de onte, 15 de novembro, por efectivos da Policía Local de Lugo estableceuse un dispositivo especial de control de velocidade, co emprego de vehículo policial dotado de cinemómetro, naquelas vías onde se detecta un incremento dos accidentes de circulación, cuxa limitación é de 50 km/h, obtendo o seguinte resultado:

  • Vehículos controlados: 1.434
  • Condutores denunciados: 57

A Policía Local de Lugo lembra que o obxectivo destes dispositivos é o de vixiar e garantir o cumprimento dos límites de velocidade e concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade do vehículo á establecida para a vía.

O exceso de velocidade incide desfavorablemente na seguridade viaria e ten un impacto negativo sobre os usuarios máis vulnerables da vía, como son os peóns e os ciclistas.

Todas as infraccións por exceso de velocidade son GRAVES e poden carrexar sancións de ata 600 euros e a retirada de ata 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo, o Código penal castiga coa pena de prisión de tres a seis meses e a privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos, ao que conducira a velocidade superior en 60 km/h por vía urbana á permitida regulamentariamente.

Noticias relacionadas