Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 16 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por atentado a axentes da autoridade

Sobre as 5:00 horas do día 14 de maio unha patrulla, de servizo no centro histórico da cidade, é requirida por un porteiro dun local de lecer nocturno da contorna da Catedral, manifestando que o agrediu un cliente.

No transcurso da conversación con esta persoa, os axentes observan como no local do lado outro porteiro mantiña unha discusión cun mozo, o cal resultou ser o que agredira ao traballador de seguridade, procedendo os policías á súa identificación, ao que se nega reiteradamente, achándose moi alterado.

Nun momento dado este mozo abalánzase sobre o porteiro e tenta agredilo, sendo separado polos axentes, que tratan de acougalo, ofrecendo grave resistencia, agredindo a un dos policías que sofre lesións nun xeonllo, sendo atendido nun centro médico.

Por este motivo procédese á detención do mozo por un presunto delito de lesións e atentado a axentes da autoridade, sendo introducido no vehículo policial, momento no que comeza a golpear o portelo traseiro do vehículo, ocasionándolle danos, sendo conducido inicialmente a un centro médico para ser asistido e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Filtro de seguridade viaria

No día de onte 15 de maio establecéronse diversos filtros de seguridade viaria, co apoio dun vehículo policial dotado de cinemómetro, dando como resultado o seguinte balance:

  • DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA: Sorpréndese ao condutor dun vehículo que circulaba pola rúa Lamas de Prado CARECENDO DEPERMISO DE CONDUCIR POR NON OBTELO NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • CONTROL DE VELOCIDADE: Controláronse un total de 921 vehículos, formulando denuncia a 45 condutores por circular a velocidade superior á establecida para a vía (50 km). A velocidade máxima detectada foi de 87 km/h.
  • INFRACCIÓNS GRAVES DETECTADAS:
  • ** 4 condutores denunciados por non presentar o vehículo á ITV no prazo debido.
  • ** 2 condutores denunciados por non facer uso do cinto de seguridade.
  • ** 2 condutores denunciados por circular carecendo de SOA.

Noticias relacionadas