Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Balance semanal en seguridade viaria: a Policía Local intensifica a súa vixilancia sobre condutas de alto risco.

Martes, 13 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Durante a pasada semana, a Policía Local de Lugo mantivo o seu dispositivo habitual de control e prevención en materia de seguridade viaria, un traballo constante que, unha vez máis, pon de relevo a necesidade de manter a atención sobre aqueles comportamentos que supoñen un grave risco para todos os usuarios da vía.

Especialmente reseñable resulta a intervención na que un condutor negouse a someterse ás probas de alcoholemia, sendo descuberto ademais co permiso de conducir con perda de vixencia. Tras ordenar a inmobilización do vehículo, os axentes constataron que o condutor quebrantou esa medida, volvendo circular co turismo. O coche foi finalmente retirado ao Depósito Municipal.

Instrúense dilixencias por dous delictos contra a seguridade viaria, podendo ser condenado o condutor pola comisión do primeiro delicto á pena de prisión de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir dun a catro anos e polo segundo delicto á pena de prisión de tres a seis meses.

Outro dos focos de actuación policial foi a condución sen permiso de varios condutores, onde se detectaron ata tres casos distintos.

  • Un deles, interceptado por un indicativo específico para o control viario, que nunca obtivera o permiso de conducir e circulaba ademais sen seguro
  • Noutro caso, tratábase dunha persoa cuxo permiso figura con perda de vixencia ata o mes de xuño
  • e no terceiro, detectouse a condución con todos os puntos retirados sen superar o curso de reeducación

Os tres casos foron obxecto de dilixencias penais. Ademais, dous condutores foron denunciados por presenza de drogas no organismo durante a condución. Un deles foi sorprendido circulando sen silenciador de explosións, e tras admitir consumir substancias estupefacientes, lanzou resultado positivo en THC na proba indiciaria.

O segundo caso é máis alarmante xa que ademais de conducir carecendo de permiso de condución por perda total de puntos, lanzou un resultado positivo en cocaína. Instrúense dilixencias por delicto contra a seguridade viaria.

Así mesmo detectáronse tres condutores que lanzaron positivo nas probas de detección alcohólica ás que foron sometidos, con taxas que de 0,39, 0,43 e 0,58 mg/l.

Todas estas condutas non son meras infraccións técnicas. Son accións que poñen en perigo non só a quen as comete, senón ao resto de persoas que comparten con eles a vía pública. A Policía Local de Lugo reitera que estes controis non buscan outra cousa que previr traxedias evitables e garantir que quen se pon ao volante fágano en condicións óptimas e legais.

O traballo conxunto dos distintos indicativos policiais e a constancia dos equipos de patrulla fan posible detectar estes riscos antes de que se traduzan en accidentes. Desde a Xefatura insístese na necesidade de manter o compromiso social coa seguridade viaria, porque cada intervención deste tipo pode estar a evitar unha desgraza maior.

Noticias relacionadas