
Control establecementos
Ás 8’50 horas do sábado, cando un indicativo de Policía de Barrio realizaba patrulla preventiva pola rúa Luís Seoane, puido observar como, dun local de hostalería, saían ao exterior cinco mozos, un dos cales portaba un vaso cunha consumición, permanecendo os cinco nun dos bancos próximos, motivo polo cal os axentes levantaron acta por unha presunta infracción ao permitir o establecemento sacar consumicións ao exterior do mesmo.
Ás 10’35 horas do domingo 10, cando un indicativo de Policía de Barrio realizaba patrulla preventiva pola rúa Tuy, puido observar como, dun local de hostalería sito na devandita rúa, saía ao exterior unha moza que portaba un vaso cunha consumición, polo que os axentes levantaron acta por unha presunta infracción, ao permitir o establecemento sacar consumicións ao exterior.
Ás 4’35 horas do martes, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno que prestaba servizo preventivo pola rúa Marina Española, observa que un dos locais de lecer nocturno situado no lugar atópase aberto fóra de horario, con xente no seu interior realizando consumicións, motivo polo cal se levanta acta pola presunta infracción.
Intervención armas brancas e droga
Ás 10’15 horas do domingo, a Sala do 092 recibe queixas polo volume da música procedente dun local da rúa Luís Seoane, polo que se comisionan no lugar dous indicativos de Policía de Barrio, apoiados por un da Unidade de Atestados. Os axentes realizan unha inspección completa do local e comproban que a música procede do televisor, sen que se observe ningún altofalante ou aparello similar engadido ao mesmo.
Durante a devandita intervención, xa no exterior do local, os axentes observan a presenza dun mozo que se atopa fumando o que podería ser un “porro”, polo que proceden á súa identificación e cacheo, durante o cal lle é incautada unha pequena cantidade do que parece ser “marihuana”.
Ao mesmo individuo, ademais, intervénselle un coitelo, de 29 centímetros de lonxitude total, con 17’5 centímetros de folla, que portaba á cintura, entre o pantalón e o corpo; así como unha navalla, de 13’5 centímetros de lonxitude total con 6 cm. de folla, que ocultaba baixo a roupa interior (foto).
Os axentes proceden á incautación, tanto da droga como das armas brancas, levantando unha acta por cada unha das infraccións á Lei de Seguridade Cidadá
Requirimento por presunto delito de violencia intrafamiliar
Ás 22’20 horas do mércores, a Sala do 092 recibe unha chamada informando dun posible caso de violencia intrafamilar, entre un fillo e a súa nai. Se comisiona de inmediato no lugar dous indicativos do Grupo Operativo Nocturno, que contactan coa muller presente e co seu fillo por separado. A muller manifesta que só se tratou dunha forte discusión entre ambos, sen que existise violencia de ningún tipo, nin ameazas, aínda que si quería que o seu fillo deixase un perfume que pretendía levar e logo que abandonase o domicilio. O home fixo entrega do citado perfume e deixou a vivenda en compañía dos axentes, non sen antes informar á muller do procedemento para seguir para formalizar denuncia polos feitos ocorridos.
Sobre as 13’30 horas do sábado, a Sala do 092 comisiona nun domicilio da cidade un indicativo de Policía de Barrio xa que, segundo a información recibida, un mozo estaba a golpear a porta da vivenda da súa nai, que non lle permitía entrar. Os axentes comproban que o mozo xa se atopa no interior do edificio e que está a discutir coa súa nai. Tras descartar un caso de violencia intrafamiliar, presumíndose un problema de índole médico, xa que o home atópase a tratamento por un trastorno psicolóxico, requírese a presenza dunha ambulancia do 061, que realiza unha primeira valoración e posteriormente decide o traslado do mozo ao HULA, ao que accede de forma voluntaria.
Presuntos delitos de VIOGEN
Ás 4’15 horas do domingo, a Sala do 092 recibe aviso por un presunto caso de violencia de xénero nun domicilio do norte da cidade. Os indicativos do Grupo Operativo Nocturno comisionados no lugar contactan por separado cos implicados, manifestando a muller que, minutos antes, discutira coa súa parella e que o home a había insultado e agarrábaa fortemente do brazo, o que viña ocorrendo con frecuencia desde hai meses.
O requirente do servizo, fillo da muller, di que o home agride con frecuencia á súa nai e mostra unha fotografía de hai uns meses, na que a muller aparece cunha lesión nun brazo. Tamén se atopa presente outro fillo da presunta vítima, de cinco anos de idade, ao que os axentes observan en evidente estado de nerviosismo.
O home declara que se asustan porque durante as discusións el grita moito, pero que non pasou nada máis. Os axentes proceden á detención do home e ao seu traslado a dependencias policiais, para a tramitación das correspondentes dilixencias.
A muller non desexa ser trasladada a un centro sanitario.
Ás 5’00 horas do mesmo día, outros indicativos do Grupo Operativo Nocturno e da Unidade de Atestados, son comisionados noutro domicilio da cidade, por un requirimento similar ao anterior. Os axentes atópanse ao home no exterior da vivenda, o cal manifesta que antes de ter problemas prefire marcharse, polo que os policías mantéñeno controlado ata pescudar o sucedido.
A muller, xa no interior do edificio, manifesta discutir coa súa parella nun bar, tras o cal encerrouse na habitación, xa que non era a primeira vez que o home a agredía, tanto a ela como ao bebé que ambos teñen en común; observando os axentes que a porta da estancia presentaba signos evidentes de ser golpeada.
Por todo iso, os axentes procederon á detención do home, que foi trasladado a dependencias policiais, para a tramitación das dilixencias correpondientes.
Auxilio a persoas
Ás 9’25 horas do luns, a Sala do 092 recibe información sobre unha muller tendida sobre a beirarrúa fronte a un establecemento hostaleiro da Avd. Alfonso X. Os axentes atopan á muller en elevado estado de axitación, manifestando atoparse a tratamento médico e consumir cocaína, polo que solicitan a presenza dunha ambulancia. Os policías deben colaborar tanto na primeira asistencia como para acomodar á muller na ambulancia, debido ao seu estado de axitación, chegando a insultar e ameazar aos axentes, presuntamente debido ao seu estado. Finalmente foi evacuada ao HULA, sendo acompañado o servizo sanitario polo policial.
Ás 10’30 horas do luns, un indicativo de Policía de Barrio, a pedimento do Servizo 061, realiza o traslado urxente dun médico desde o centro sanitario do Sacro Corazón ata un domicilio onde unha persoa estaba a sufrir unha parada cardiorrespiratoria.

