Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 09 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delitos contra a seguridade viaria

No día de onte 8 de febreiro/23 estableceuse un dispositivo especial de seguridade viaria, no que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, no que se detectaron os seguintes delitos contra a seguridade viaria:

  • Detéctase na Avenida da Coruña a circulación dun vehículo que ao ser detido compróbase que carece de ITV e que o seu condutor CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN por perda total dos puntos asignados, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  •  Na Rolda da Muralla obsérvase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido compróbase que carece de Seguro Obrigatorio e que ao identificar o seu condutor compróbase a través das Bases de Datos policiais que CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN por resolución Xudicial, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria, na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Dinán detéctase un vehículo que realiza unha manobra irregular, sendo detido e comprobando que o seu condutor CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN por resolución Xudicial, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo. Este condutor é multirreincidente xa que foi detectado por efectivos da Policía local de Lugo nos seguintes delitos contra a seguridade viaria:
    • xullo do 2021. Positivo en alcol (0,68 mg/l) e condución carecendo de carné por perda de puntos.
    • decembro do ano 2021. Accidente con alcoholemia de 1,11 mg/l en alcol e condución carecendo de carné por perda de puntos.
    • xaneiro de 2022. condución  sen carné por perda de puntos.
    • novembro de 2022. Positivo en alcol e condución sen carné por perda de puntos.
    • decembro de 2022. positivo en alcol e condución sen carné por perda de puntos.
  • Na Rolda dá Muralla dase alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido ás probas regulamentarias co equipo “drogotest”, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Noticias relacionadas