Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 05 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Caída de mercadoría dun vehículo

O pasado mércores o condutor dun vehículo, que estaba a facer a descarga de mercadoría na Praza de Santo Domingo, caéuselle un bidón de pintura, causando danos ao salpicar a pintura na roupa dunhas persoas, ausentándose do lugar sen tomar ningunha medida nin dar a viso a esta policía, xa que o bidón quedou tirado na zona de carga e descarga, con risco de provocar un accidente de circulación, acudíndose no lugar unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, que require os servizos municipais para a limpeza da zona e procede á identificación e toma de declaración das persoas que sufriran danos nas pezas, iniciándose as investigacións para identificar o responsable destes feitos, sendo localizado na mañá do día de onte, polo que se procede a instruír as oportunas dilixencias, sendo denunciado tamén por infracción á normativa de seguridade viaria, propoñendo sanción de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución por estes feitos. (foto 1)

Incendio de vehículos

Na noite do día 4 de xaneiro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo acode á rúa do Peto xa que ao parecer estábase producindo un incendio dun vehículo, comprobando que se incendiou un ciclomotor, estando afectado polo lume dous vehículos máis estacionados á beira do ciclomotor, sendo requirida a presenza dos Bombeiros que sufocan o incendio.

Os axentes instrúen as oportunas dilixencias, tomando declaración ao condutor do ciclomotor, un repartidor de comida rápida, que manifesta que deixou o vehículo estacionado para entregar un pedido e ao poñer en marcha o ciclomotor incendiouse, descoñecéndose de momento as causas. (foto 2)

Filtros de seguridade viaria

Realizáronse diversos filtros de seguridade viaria, detectando dous condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas de detección alcohólica ás que foron sometidos, lanzando uns valores de 0,55 mg/l e 0,30 mg/l, abríndose expediente sancionador ao primeiro condutor con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos e ao segundo de 500 euros e a retirada de 4 puntos, inmobilizando os vehículos.

Así mesmo localízase un vehículo con placas de matrícula de exportación dos Países Baixos, as cales figuran caducadas nas bases de datos policiais e por tanto sen vixencia administrativa, procedendo á súa retirada ao Depósito Municipal e abríndose expediente sancionador ao titular por carecer de autorización para circular e carecer de SOA.

Persoa atrapada no interior do cemiterio municipal

Na tarde de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode ao Cemiterio de San Froilán, xa que dúas persoas solicitan auxilio xa que se quedaron encerradas no seu interior, sendo auxiliadas polos axentes que proceden á apertura da porta principal, manifestando que descoñecían o horario de peche do cemiterio, sendo identificadas e realizando o correspondente parte de intervención.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas