Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 02 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria e controis de alcoholemia

Na madrugada do día 2 de xuño efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, intensificaron os controis de alcol e drogas en vías do centro urbano, detectando na rúa Mariña Española a circulación irregular dun vehículo que ao darlle o “alto” comprobouse a través das bases de datos policiais que a súa condutora, de 41 anos, CARECÍA de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, investigando tamén á propietaria do vehículo que ía de acompañante como cooperador necesario nun delito contra a seguridade viaria, inmobilizando o vehículo.

No transcurso da manifestación da condutora esta sofre un ataque de ansiedade, polo que se lle auxilia e require unha ambulancia na que é trasladada ao HULA para a súa atención médica.

Na Rolda da Muralla establécese un Dispositivo Estático de Control onde se detecta a un condutor, de 59 anos, que CARECÍA DO PERMISO DE CONDUCIÓN por perda de vixencia por perda total de puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo rápido, inmobilizando o vehículo.

Así mesmo detectáronse CATRO condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas de detección alcohólica ás que foron sometidos, lanzando os seguintes resultados:

  • 0,65 mg/l. ( Ábrese expedientes sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución)
  • 0, 45 mg/l
  • 0,44 mg/l
  • 0,34 mg/l

A estes tres últimos condutores ábreselles expedientes sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizándose os vehículos.

Retirada dun can abandonado nunha vivenda

Sobre as 11:50 horas do día 1 de xuño, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo desprázase a un edificio da rúa Paxariños xa que a propietaria dunha vivenda manifestaba que tras finalizar o contrato de arrendamento, os inquilinos deixaran abandonado no seu interior un can da raza American Bully.

Que os axentes unha vez comprobada a documentación do alugueiro, requiren o servizo do laceiro da Protectora de animais que o captura e o conduce ás instalacións da Protectora.

Noticias relacionadas