Comezan os talleres da campaña de prevención sobre os actuais desafíos educativos na etapa adolescente

O primeiro dos talleres, terá lugar o mércores 7 de outubro ás 17:30h na sala multiusos do edificio CEI-Nodus, será precisamente o problema do xogo nos menores

Para inscribirse nos talleres hai que enviar un mail a: maisporti2020@lugo.gal

Martes, 06 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan os talleres da campaña de prevención sobre os actuais desafíos educativos na etapa adolescente

A Concellaría de Muller, Igualdade e Xuventude ven de presentar o pasado venres unha campaña cuia cara visible é o popular actor Xosé A. Touriñán, campaña, baixo o +Xti, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas, que inclúe unha serie de talleres para o  profesorado e as familias sobre os actuais desafíos educativos na etapa adolescente.

O protagonista do primeiro dos talleres, que terá lugar o mércores 7 de outubro ás 17:30h na sala multiusos do edificio CEI-Nodus, será precisamente o problema do xogo nos menores e, en particular, as apostas deportivas e os videoxogos. O taller correrá a cargo do psiquiatra Gerardo Flórez (director da Unidade de Conductas Adictivas do CHOU) e do profesor Rial Boubeta (da Facultade de Psicoloxía da USC).

“O aumento e case ‘normalización’ do xogo e das apostas entre menores de idade está a suscitar unha enorme preocupación social, tanto en Galicia como no resto de España. Máis alá de tratarse dunha conduta ilícia tratándose de menores, recentes estudos teñen alertado de que as taxas de prevalencia do xogo problemático son maiores en adolescentes que en adultos e que asistimos a un vertixinoso tránsito de simples xogadores ocasionais ao desenvolvemento dunha verdadeira adicción” explicou o profesor Rial Boubeta.

A participación en xogos de azar é unha práctica que en moitos casos chega a interferir seriamente na vida diaria, minguar o rendemento académico e favorecer a aparición doutras condutas problemáticas, como o consumo de alcohol e substancias ou mesmo verse reflectido en problemas na convivencia familiar. Nun momento no que tanto a nivel estatal como autonómico está a ter lugar un intenso debate social arredor da elaboración dun novo marco normativo que regule o sector do xogo, a Concellaría de Muller, Igualdade e Xuventude viu clara a necesidade de desenvolver un estudo co obxectivo de achegar datos empíricos sobre a problemática do xogo entre os menores do Concello de Lugo.

O traballo foi desenvolvido froito da colaboración entre o Concello e a Unidade de Psicoloxía do Consumidor e o Usuario da USC, cunha mostra dun milleiro de mozas e mozas de entre 12 e 17 anos de diferentes centros educativos da cidade. O estudo permitiu comprobar que, lonxe de calquera ideoloxía, é un feito que os menores apostan: 1 de cada 5 menores do concello de Lugo recoñece ter apostado cartos algunha vez na sua vida. A inmensa maioría (76,1%) o fai sabendo que non é legal á súa idade e no 69,6% dos casos seus pais sábeno. En canto ás modalidades de xogo máis habituais, as máquinas de apostas deportivas de bares e cafeterías constitúen, pola súa accesibilidade, o principal atractivo para os adolescentes, aos que no 74,1% dos casos non se lles pide o DNI. Un 2,2% dos menores lucenses podería estar desenvolvendo xa problemas co xogo: o 2% serían Usuarios Problemáticos (cunha alta probabilidade de desenvolver un trastorno de xogo no futuro) e un 0,2% presentaría xa evidencias dunha ludopatía. Se as cifras as referimos únicamente aos que apostaron no último ano, as porcentaxes ascenden ao 12,2%; isto é, alomenos 1 de cada 10 adolescentes que apostan podería ter problemas co xogo, o que coincide co sinalado por expertos a nivel internacional. A taxa duplícase ente aqueles mozos que elixen maoritariamente as apostas deportivas, o cal revela o seu enorme potencial adictivo.

Os resultados, a persares de seren similares (ou incluso algo inferiores) aos obtidos polo equipo do Profesor Rial Boubeta para toda a comunidade galega, reforzan a necesidade de abordar con valentía a participación dos menores de idade en xogos de azar e apostas (tal e como se recolle na Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024), ao se converter nun caldo de cultivo realmente preocupante que vai a máis. Un análisis profundo da accesibilidade, as motivacións e expectativas ou o control parental deben levar ao desenvolvemento dunha prevención realmente integral pero, sobre todo, eficaz.

Esta iniciativa comprende un total de tres talleres que se desenvolverán os días 7, 14 e 22 de outubro, e que abranguerán as seguintes temáticas:

  1. Uso dos videoxogos e as apostas en liña (que constitúen novas formas de ludomanía)
  2. As conductas de risco na rede e o uso problemático de Internet na adolescencia
  3. Consumo de novas sustancias psicoactivas

Cada taller terá unha duración de 3 horas e desenvolverase (sempre que as condicións sanitarias o permitan) na sala multiusos do edificio CEI-Nodus.

Como complemento aos tres talleres, está previsto un evento final de convivencia lúdico-educativa, conducido por Xosé A. Touriñán, coa participación dos docentes dos talleres, xunto a mozos e mozas, nais e pais e profesorado. Dito evento terá lugar o vindeiro día 26 de novembro no Codex Cinema, sendo a entrada gratuíta, pero quedando o aforo limitado ás eventuais condicións sanitarias.

O programa dos talleres e toda a información relacionada estará dispoñible na web: http://concellodelugo.gal/gl/general-temas/xuventude

Información e inscricións

O programa dos talleres e toda a información relacionada estará dispoñible na web: http://concellodelugo.gal/gl/general-temas/xuventude

Para inscribirse nos talleres hai que enviar un mail a: maisporti2020@lugo.gal e indicar no ‘asunto’ "Mocidade e novas adiccións" e no corpo do mail:

  • Nome
  • Apelidos
  • Profesor ou Familiar: (indicar un)
  • Nome da Escola ou Instituto
  • Taller ou Evento (marcar un ou más): Taller 1 | Taller 2 | Taller 3 | Evento final

Hai 70 plazas para as charlas e 100 plazas para o evento con Touriñán. As admisións serán por riguroso orde de inscrición dende hoxe, 2 de outubro de 2020 ao 20 de outubre de 2020

Noticias relacionadas