Cohesión Territorial inicia unha rolda de visitas veciñais en todas as parroquias do municipio

"O obxectivo é coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza destas zonas para así poder realizar un estudo de diagnóstico e, á súa vez, confeccionar un plan de traballo que responda as prioridades e demandas sociais específicas", explicou a concelleira.

Ana Abelleira, que concentra todas as súas competencias en Cohesión Territorial, ven de manter encontros de traballo nos últimos días coa veciñanza de Monte de Meda, Santiago de Saá, San Xoán do Alto, VilaChá de Mera, Torible, Muxa e Calde.

En paralelo a estas xuntanzas, as brigadas municipais do ámbito rural están a levar a cabo un labor coordinado para atender de maneira eficiente as urxencias que poidan xurdir nas distintas parroquias.

Xoves, 02 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cohesión Territorial inicia unha rolda de visitas veciñais en todas as parroquias do municipio

A edil de Cohesión Territorial Ana González Abelleira reuniuse esta semana coa veciñanza das parroquias de Monte de Meda e Santiago de Saá. Esta serie de encontros enmárcanse dentro das visitas programadas que esta área está a levar a cabo na zona rural co obxectivo fortalecer os lazos comunitarios e coñecer de primeira man as necesidades das diversas parroquias que compoñen o noso municipio. “A través do diálogo directo e a acción coordinada, procuramos construír un municipio máis inclusivo, próspero e cohesionado”, sinalou González Abelleira.

“O propósito destas reunións transcende a mera presentación. Máis aló diso, representan unha oportunidade única para establecer un diálogo construtivo cos veciños e veciñas, así como cos pedaneos e colaboradores locais”, sinalou González Abelleria. "O obxectivo é coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza de todas as zonas para así poder realizar un estudo de diagnóstico e, á súa vez, confeccionar un plan de traballo que responda as prioridades e demandas sociais específicas de cada área", dixo a concelleira, que ven de manter reunións de traballo nos últimos días coa veciñanza de San Xoán do Alto, VilaChá de Mera, Torible, Muxa e Calde.

En paralelo a estas reunións, as brigadas do Concello do ámbito do rural e outros servizos municipais comúns a todo o territorio, como a brigada Eléctrica e a de Augas, están a levar a cabo un labor coordinado para atender de maneira eficiente as urxencias que poidan xurdir nas distintas parroquias. Esta coordinación garante unha resposta áxil e efectiva ante calquera eventualidade, demostrando o compromiso do  Executivo de Paula Alvarellos coa seguridade e o benestar dos habitantes da zona rural.

Ademais, o equipo de Cohesión Territorial está a dedicar especial atención aos centros de dinamización do ámbito rural, onde se desenvolven diversas actividades de interese comunitario. "Contamos con locais onde é necesario realizar unha optimización das actividades para poder compatibilizar os distintos usos que selevan a cabo nestas instalacións municipais. Mentres que noutros casos, será preciso realizar traballos encamiñados a lograr a súa dinamización, adaptándoos ás necesidades e preferencias da veciñanza",  sinalou a concelleira.

Deste xeito, Ana Abelleira, que segue sendo a tenenta de alcaldesa da área e voceira, concentra todas as súas competencias en Cohesión Territorial. A atención á zona rural é prioritaria para o Executivo de Paula Alvarellos polo que se incrementa a dedicación de González Abelleira que se centrará exclusivamente neste ámbito, dentro do que se inclúe a xestión de todo tipo de infraestruturas e dotacións dende a conservación e dinamización sociocultural dos centros cívicos ata a rede viaria, de abatecemento e saneamento, alumeado público, sinalización, conservación do patrimonio, etc.

Así mesmo penderá deste departamento o Parque Móbil, anteriormente ligado á área de Xestión Integral de Recursos Internos. Pola súa parte, Olga López Racamonde incrementa as súas competencias asumindo, alén de toda a parte de Benestar Social e Maiores, a xestión e a dinamización dos centros cívicos da capital e as relacións co tecido asociativo. Así mesmo, créase unha nova concellería: Muller, Igualdade e Inclusión, da que será titular a nova edila Ángeles Novo e da que penderá ademáis da Casa da Muller.

Audio

  • A edil de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, sobre a súa visita ó rural | Descargar mp3

Noticias relacionadas