Rosana Rielo anunciou as actividades que, por unha banda, buscan achegar á veciñanza o Mercado e a Praza e por outro, facilitarlles as compras nestes espazos
No Mercado, o Concello programou un obradoiro intantil de máscaras, disfraces e caretas, os días 1, 4 e 6 de marrzo, de 17:00 a 19:00 horas, e o 2 de marzo, de 11:30 a 13:30 horas. Para participar é preciso inscribirse no 010
Tras o éxito de Nadal, abrirá de novo a zona infantil da Praza de Abastos, para nenas e nenos de 2 a 8 anos, os días 4 e 6 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, anunciou as actividades que acollerá o Mercado Municipal e a Praza de Abastos ao longo do Entroido. Concretamente, nas primeiras instalacións celebrarase un obradoiro de máscaras, disfraces e caretas, os días 1, 4 e 6 de marrzo, de 17:00 a 19:00 horas, e o 2 de marzo, de 11:30 a 13:30 horas. O taller está dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos e para participar é preciso inscribirse, de balde, a través do 010.
Tras o éxito de Nadal, abrirá de novo a zona infantil da Praza de Abastos, para nenas e nenos de 2 a 8 anos, os días 4 e 6 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas; onde as máis cativas e cativos poderán gozar con actividades mentres os papás e mamás mercan con tranquilidade nas instalacións municipais. O tempo de permanencia na zona infantil será dunha duración máxima de hora e media.
Tal e como subliñou a edil, trátase de actividades que, por unha banda, buscan achegar á veciñanza o Mercado e a Praza e por outro, facilitarlles as compras nestes espazos.
Audio
- A concelleira Rosana Rielo, sobre o Entroido no Mercado Municipal e na Praza de Abastos | Descargar mp3