Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cita no Entroido no Mercado Municipal e na Praza de Abastos

Cita no Entroido no Mercado Municipal e na Praza de Abastos

Rosana Rielo anunciou as actividades que, por unha banda, buscan achegar á veciñanza o Mercado e a Praza e por outro, facilitarlles as compras nestes espazos

No Mercado, o Concello programou un obradoiro intantil de máscaras, disfraces e caretas, os días 1, 4 e 6 de marrzo, de 17:00 a 19:00 horas, e o 2 de marzo, de 11:30 a 13:30 horas. Para participar é preciso inscribirse no 010

Tras o éxito de Nadal, abrirá de novo a zona infantil da Praza de Abastos, para nenas e nenos de 2 a 8 anos, os días 4 e 6 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Mercados
Martes, 26 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cita no Entroido no Mercado Municipal e na Praza de Abastos

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, anunciou as actividades que acollerá o Mercado Municipal e a Praza de Abastos ao longo do Entroido. Concretamente, nas primeiras instalacións celebrarase un obradoiro de máscaras, disfraces e caretas, os días 1, 4 e 6 de marrzo, de 17:00 a 19:00 horas, e o 2 de marzo, de 11:30 a 13:30 horas. O taller está dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos e para participar é preciso inscribirse, de balde, a través do 010.

Tras o éxito de Nadal, abrirá de novo a zona infantil da Praza de Abastos, para nenas e nenos de 2 a 8 anos, os días 4 e 6 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas; onde as máis cativas e cativos poderán gozar con actividades mentres os papás e mamás mercan con tranquilidade nas instalacións municipais. O tempo de permanencia na zona infantil será dunha duración máxima de hora e media.

Tal e como subliñou a edil, trátase de actividades que, por unha banda, buscan achegar á veciñanza o Mercado e a Praza e por outro, facilitarlles as compras nestes espazos.

Audio

  • A concelleira Rosana Rielo, sobre o Entroido no Mercado Municipal e na Praza de Abastos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cita-no-entroido-no-mercado-municipal-e-na-praza-de-abastos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/260219_rielo_entroidonomercado.mp3