A Casa do Deporte, paraíso dos videoxogos dende mañá a domingo co Ludus Gaming Festival

O Concello organiza este evento, de acceso gratuíto, que se celebrará mañá, de 17:00 a 22:00 horas, o sábado, de 11:00 a 22:00 horas e o domingo, 31, de 11:00 a 20:00 horas

O Ludus Gaming Festival enmárcase na programación municipal para potenciar as novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ao mundo dixital. Estará composto por 8 zonas diferenciadas, 4 torneos e máis de 100 postos de xogo

Xoves, 28 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Casa do Deporte de Lugo será dende mañá verbres a domingo o paraíso dos videoxogos co Ludus  Gaming Festival 2019, unha cita organizada polo Concello, de acceso gratuíto,  enmarcada na súa programación para potenciar as novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ao mundo dixital. Con este evento, que está aberto a todas as idades e a todos os públicos, o Concello recupera un encontro que xa se realizou en anos pasados con características similares na cidade de Lugo e grande aceptación.

O Ludus Gaming Festival divídese, a grandes rasgos, en tres áreas:

  • Formativa e lúdica. Preténdese poñer a disposición da veciñanza unha serie de propostas formativas que permitan o acceso ao coñecemento de novas tecnoloxías dende unha perspectiva teórica-práctica, que satisfaga ademais o desexo de aprender e facilite, ao mesmo tempo, a oportunidade de experimentar e probar in situ os elementos que compoñen unha aproximación á tecnoloxía e aos xogos.
  • Divulgativa, técnica e de demostración. Búscase, nesta área facer, chegar ao público información relevante sobre tendencias, produtos e recursos da tecnoloxía. Cúmprese así un dos obxectivos do Concello, que pretende divulgar e aproximar á cidadanía ás novas tecnoloxías, incorporándoas no cotián como un elemento máis e facendo familiar o contacto con elas.
  • Free zone. Espazo para o xogo gratuíto.

O Ludus Gaming Festival estará composto por 8 zonas diferenciadas: torneos, talleres, free play, simuladores, retorarcade, visionado, animación e mainstage.

  1. Zona torneos: disputaranse 4 torneos onde poderán participar ata 1.500 xogadores e xogadoras.
  • Fortnite: bracket para 300 participantes
  • Clash Royaye: bracket para 800 participantes
  • FIFA 19: bracket para 300 participantes
  • League of Legends: 5x5  para 250 participantes

Organizarase unha competición para cada un dos torneos descritos cun único cadro onde as rondas clasificatorias se desenvolverán dende o venres tarde ata a xornada do domingo, que terminará coas finais. Os torneos configuraranse baixo inscrición previa e con número de prazas limitado.

Cada un dos torneos disporá dos seus premios correspondentes: tablets, PS4 ou cadeiras gamming, entre outros.

  1. Zona talleres: acollerá, de forma alternativa entre os días de desenvolvemento do evento, un Taller de Programación e Voo de Drons e un Taller de Robótica, basado na construción de condución en circuíto de boots.
  1. Zona free play: onde se poderán atopar máis de 20 postos de xogo para distintas videoconsolas: PS4, Xbox One ou Nintendo Wii.
  1. Zona retro arcade: configurada en modo de xogo libre, asistida por monitores que orientarán ás persoas asistentes, e contará con ata 6 postos retro con máis de 1.500 videoxogos arcade vintage.
  1. Zona simulador e VR: espazo onde o público poderá gozar de experiencias racing car para as persoas amantes da fórmula 1 con ata 4 simuladores e xogos de realidade virtual aumentada con outras 4 simuladores de realidade virtual.
  1. Zona animación: un espazo divertido, singular e artístico que combinará as seguintes accións:
  • Zona singstar/ just dance / kpop: un espazo con postos de xogo para estas modalidades
  • Animación e dinamización: mascotas e personaxes gaming (Mario Bros, Luigi, Pikachu, Minions...) aparecerán en distintas sesións para interactuar coas persoas asistentes.
  • Meet & Greet: un espazo onde as e os participantes terán a ocasión de coñecer en exclusiva aos seus youtubers favoritos.
  • Beat the pro: sesións onde as persoas participantes poderán tratar de bater ao seu índolo no seu xogo favorito.
  1. Zona filmoteca/visionado: organizarase nas xornadas de venres e sábado sesións-marathon no que se poderán ver diferentes contidos audiovisuais (películas, curtos ou series), relacionados coas temáticas que nos ocupan: StarWars, Marvel ou Hero.
  1. Zona mainstage: un escenario acompañado dunha impresionante pantalla LED onde terán lugar algunhas das accións descritas anteriormente.

Tamén haberá unha zona Food & Truck no exterior do pavillón, con servizo de comida, e destaca tamén un espazo de ocioteca. 

Como non podía ser doutro xeito nun evento gaming, esta cita contará coa participación de famosos youtubers e videogamers. En concreto, formarán parte do Ludus Gaming ZormAn, con máis de 1,4 millóns de suscriptores no seu canal, Álex Alguacil, campión do mundo de PES e Aidy García Cortés, que conta con máis de 19.000 seugidores en Twitter e é player do club Giants Gaming.

Horarios

O Ludus Gaming Festival 2019 celebrarase o venres, 29 de marzo, de 17:00 a 22:00 horas, o sábado 30 de marzo, de 11:00 a 22:00 horas e o domingo, 31, de 11:00 a 20:00 horas. O acceso é totalmente de balde.

Audio

  • A edil Rosana Rielo sobre o Ludus Gaming Festival | Descargar mp3

Noticias relacionadas