
Un grupo de nenas e nenos pertencentes ao Colexio da Milagrosa, visitaron esta mañá a Casa Consistorial, recepción que era presidida pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez acompañada pola concelleira de Desenvolvemento Local, Ana G. Abelleira.
No transcurso da mañá, outro grupo de alumnos de A Milagrosa achegábase ás dependencias da Policía Local de Lugo, en compañía de varios educadores, para coñecer o importante labor que realiza a Policia no seu día a día garantindo a seguridade de toda a cidadanía.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deulle a benvida aos nenos e nenas, previamente a dar paso en coñecer as dependencias policiais, acompañados por varios axentes, que lles deron conta, entre outras cousas, do material necesario para velar no día a día pola seguridade da cidadanía.
Para Méndez esta visita supón "unha oportunidade de achegar o bo facer da nosa Policía, xa que esta é unha profesión que atrae moito aos nenos ".