
A área de Benestar Social, da que é responsable a edil Olga López Racamonde, organiza un curso de alfabetización dixital dirixido a persoas maiores de 65 anos que teñan interese pola aprendizaxe do funcionamento das novas tecnoloxías e outro para adquirir competencias na tramitación básica coa administración electrónica, neste caso, destinado a persoas usuarias dos Servizos Sociais que xa teñan coñecementos básicos no manexo do ordenador.
A formación desenvolverase na Aula Cemit María Balteira e no Edificio de Novas Tecnoloxías, onde se habilitarán 9 prazas por curso e centro coa posibilidade de facelo tanto en quenda de mañá como de tarde.
Para o de alfabetización dixital realizaranse, en total, catro convocatorias, en períodos de 10 días, a razón dunha hora por xornada. As persoas interesadas en participar nel deberán indicar na solicitude cales son as súas preferencias de localización e horario.
Segundo indicou a concelleira, dende o servizo priorizarase a situación de vulnerabilidade das e dos usuarios, en canto aos recursos económicos dos que dispoñen pero tamén se terán en conta outros factores como o nivel de soidade ou o descoñecemento do uso das TIC, etc…
A inscrición poderá realizarse, do 6 ao 9 de outubro, ben a través dos números de teléfono 646706344./ 689307601 en horario de 9:00 a 14:00; ben do correo electrónico animacion.sociocultural@lugo.gal ou benpresencialmente, solicitando cita previa nos centros sociais Maruja Mallo ou Milagrosa.
Por outra banda, serán as e os profesionais municipais os que deriven dos seus servizos, segundo criterios técnicos, aos asistentes ao curso encamiñado a adquirir competencias no manexo da e-administración, que terá unha duración de tres semanas a razón de hora e media diaria.
Dentro dos protocolos COVID e medidas de protección que serán de aplicación, ao inicio da actividade pasaráse a cada participante unha enquisa para autoavaliar síntomas e contactos con outras persoas, co fin de garantir aulas o máis seguras posible.
Achéganse, con maior detalle, os horarios de cada convocatoria.
CURSO ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA PARA MAIORES DE 65 ANOS
|
Aula Cemit María Balteira |
Aula Edificio Tecnolóxico |
1ª convocatoria: 19 de outubro ó 30 de outubro de luns a venres |
Horario de mañá 12:00- 13:00 ou horario de tarde de 18:00- 19:00 (a elexir) |
Horario de mañá 12:00- 13:00 ou horario de tarde de 18:00- 19:00 (a elexir) |
2ª convocatoria: 2 de novembro ó 13 de novembro de luns a venres |
||
3ª convocatoria: 16 de novembro ó 27 de novembro de luns a venres |
||
4ª convocatoria: do 30 de novembro ó 15 de decembro de luns a venres |
CURSO TRÁMITES BÁSICOS COA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
|
Aula Cemit María Balteira |
Aula Edificio Tecnolóxico |
1ª convocatoria: 19 de outubro ó 6 de novembro de luns a venres |
Horario de mañá 10:00- 11:30 ou horario de tarde de 16:00- 17:30 (a elexir) |
Horario de mañá 10:00- 11:30 ou horario de tarde de 16:00- 17:30 (a elexir) |
2ª convocatoria: 9 de novembro ó 27 de novembro de luns a venres |
||
3ª convocatoria: 30 de novembro ó 18 de decembro de luns a venres |
Toda esta información, xunto ás bases e anexos, pode consultarse no seguinte enlace : http://concellodelugo.gal/gl/tramites/bases-e-inscricions-cursos-de-informatica que se atopa aloxado na web municipal www.concellodelugo.gal.