Bases e inscricións - Cursos de Informática

Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

Dende a área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade informan que se abren as inscricións de:

CURSO ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA PARA MAIORES DE 65 ANOS

  • Persoas destinatarias: persoas maiores de 65 anos, empadroadas no Concello de Lugo, que teñan interese pola aprendizaxe do funcionamento das novas tecnoloxías. Priorizaráse a situación de vulnerabilidade da persoa en canto á recursos económicos, soidade, descoñecemento do uso das novas tecnoloxías, etc.
  • Información do curso: Realizaránse catro convocatorias en períodos de 10 días (1 hora por día) en horario de mañá ou tarde, a elexir. Terán lugar nas aulas Cemit de María Balteira e do Edificio Tecnolóxico.
  • Inscrición: faráse do día 6 de outubro ó 9 de outubro mediante tres vías.

CURSO TRÁMITES BÁSICOS COA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

  • Persoas destinatarias: usuari@s dos programas de Servizos Sociais municipais, con DNI ou NIE e con coñecementos básicos de manexo do ordenador.
  • Inscrición: mediante derivación das profesionais dos servizos sociais municipais.