Estanse a construír elementos de calmado de tráfico en de cinco zonas da cidade
“Seguimos traballando no calmado de tráfico en toda a cidade, unha serie de intervencións moi importantes que executamos desde a nosa chegada ao goberno”, afirmou Rubén Arroxo
- Tema

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou a avenida Adolfo Suárez onde se están a executar traballos enmarcados no plan de calmado de tráfico, que foi iniciado pola Tenencia de Alcaldía desde a chegada ao goberno municipal. “Buscamos un tráfico calmado, aumentando a seguridade da veciñanza de toda a cidade”, afirmou Rubén Arroxo, que destacou “a importancia das actuacións de calmado de tráfico, que viñemos executando nas zonas escolares, e que agora expandimos a novas zonas da cidade”.
Estase a executar a construción de cinco novos pasos de peóns elevados na Avenida de Madrid, xunto á praza do Rei, na rúa San Eufrasio, en Casas Vellas, Avenida Adolfo Suarez e rúa dos Gardas. Ademais de instalarse novos lombos nas rúas Mar Cantábrico, rúa da Saúde, Calzada das Gándaras e Virxe da Soidade, en zonas onde non é posible realizar un paso de peóns elevado.
Arroxo afirmou que “seguimos a traballar para que Lugo se convirta nunha cidade na que as persoas sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.
Audio
- O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre os pasos de peóns elevados | Descargar mp3