A área de Xuventude organiza este sábado a ruta do último tramo do Camiño Primitivo ata Lugo

Venres, 26 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Xuventude organiza este sábado a ruta do último tramo do Camiño Primitivo ata Lugo

Este sábado, 27 de xuño, a área de Xuventude ten preparada a cuarta e última etapa do Camiño Primitivo a Lugo, concretamente dende Castroverde ata a capital, rematando nas inmediacións da Casa da Xuventude.

Esta última andaina, enmarcada dentro das rutas a pé dirixidas á mocidade, ten 24 quilómetros e unha dificultade moderada-alta coa que se completa a vivencia pola ruta xacobea dende Porto de Acebo, iniciada o pasado mes de febreiro.

En total, puxéronse a disposición un total de 30 prazas, que foron ocupadas por rigorosa orde de inscrición, dirixidas especialmente á mocidade entre os 14 e os 35 anos.

Para participar na mesma é obrigatorio o uso de mascarilla e tamén recoméndase a utilización de botas de montaña de caña alta, con membrana impermeable, roupa cómoda para unha actividade no medio natural acorde á época do ano, mochila, auga - alomenos 1’5 litros por persoa e ideal 2 litros, aínda que existen puntos de acopio no camiño, bastóns telescópicos de trekking, roupa de reposto, xantar, ou calquer tipo de alimento de ataque, gorra, protector solar e lentes de sol así como xel hidroalcohólico ou desinfectante.

Noticias relacionadas