O servizo será gratuíto, e os pedidos poderán realizarse por vía telefónica
Cristina López: “queremos facilitar á veciñanza o poder consumir produtos de calidade das nosas prazas e mercados”

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza pon en marcha o servizo de compra a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal. Segundo afirmou Cristina López, “trátase dun servizo moi reclamado pola veciñanza que poñemos en marcha coa estreita colaboración de todos os negocios da praza”.
Para realizar o seu pedido, as persoas interesadas deberán chamar, de 08:30 a 14:00, aos distintos postos da praza, onde se lles informará sobre a dispoñibilidade de cada produto. Unha vez se realicen todos os pedidos, organizarase o reparto e o cobro da mercadoría a domicilio. O servizo de reparto será gratuíto. “Ofrecerase tamén o servizo de pre-encarga, que permitirá facer as recollidas con máis axilidade á xente que prefira acudir ao Mercado e á Praza”; declarou Cristina López
Segundo Cristina López, “queremos facilitar á veciñanza o poder consumir produtos coa calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados, e avanzar noutras formas de comercialización nestes dous servizos públicos do Concello”. A edil de Participación lembrou que “desde o inicio da crise sanitaria provocada polo COVID-19 estamos a traballar para tentar reducir ao máximo o impacto no pequeno comercio ”.
Contacto postos praza e mercado
- PESCADERIA ADELITA: 619404613
- PESCADERIA MARI CARMEN: 636373494
- PESCADOS MARY PAZ: 982245806 / 648249852
- CARNICERIA CORDEIRO: 722105201
- CARNICERIA ECOLOXICA TRALOAGRO: 982470748
- CARNICERIA MARQUES Y RODRIGUEZ: 629748792
- CARNICERIA PEIXEIRO: 659178612 / 982241883
- CARNICERIA PETEIRO: 608413333
- CARNICERIA PICOS DE ANCARES: 982242826 / 622024322
- CARNICERIA RAFA: 982241664
- CARNICERIA SOMOZA: 982242116
- CARNICERIA Y ELABORADOS PILARICA: 654816325
- POLLERIA PIO PIO: 982102657
- ALIMENTACION VAZQUEZ LOLO: 638273237
- BENEDICTO: 626008355
- MERCARABASTOS: 982250292
- PRODUCTOS GALEGOS LOLA: 646313717
- FRUTAS E HORTALIZAS MAR: 698130958
- FRUTAS LAURIN: 982242231 / 630205143
- FRUTERIA MARTA: 722586351
- QUESERIA ARCADIO COROAS: 609161041
- QUESERIA GERARDO: 982243338
- PANADERIA MANSO: 610417501
- FERRETERIA DO BARRIO: 659646002
Audio
- A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre o servizo de compra a domicilio da Praza e do Mercado | Descargar mp3