Cristina López: “trátase dunha iniciativa das praceiras e praceiros coa que colaboramos desde o Goberno Municipal”
A edil de Participación lembrou a importancia do comercio local e de proximidade “especialmente despois da crise sanitaria”

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que o vindeiro domingo, 4 de outubro, a Praza de Abastos permanecerá aberta entre as 9 e as 14 horas para todas as veciñas e veciños que desexen realizar as súas compras nela. Cristina López declarou que “desde a área de Participación seguimos a colaborar coas praceiras e praceiros para ofertar mellores servizos nunha instalación histórica do centro de Lugo como é a Praza de Abastos”.
“Queremos fomentar o comercio local e de proximidade entre as veciñas e veciños de Lugo, facilitando que se poidan achegar a mercar na Praza e ao Mercado”, afirmou Cristina López, que lembrou que “desta maneira tratamos de colaborar tamén en reducir o impacto que a crise sanitaria poida producir nos distintos negocios da Praza e do Mercado Municipal”.
Audio
- A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre a apertura da Praza e do Mercado, o domingo 4 | Descargar mp3