Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Participación informa que a Praza de Abastos abrirá o vindeiro domingo en horario de mañá

A área de Participación informa que a Praza de Abastos abrirá o vindeiro domingo en horario de mañá

Cristina López: “trátase dunha iniciativa das praceiras e praceiros coa que colaboramos desde o Goberno Municipal”

A edil de Participación lembrou a importancia do comercio local e de proximidade “especialmente despois da crise sanitaria”

  • Tema
    • Economía,
    • Comercio,
    • Mercados
Martes, 29 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Participación informa que a Praza de Abastos abrirá o vindeiro domingo en horario de mañá

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que o vindeiro domingo, 4 de outubro, a Praza de Abastos permanecerá aberta entre as 9 e as 14 horas para todas as veciñas e veciños que desexen realizar as súas compras nela. Cristina López declarou que “desde a área de Participación seguimos a colaborar coas praceiras e praceiros  para ofertar mellores servizos nunha instalación histórica do centro de Lugo como é a Praza de Abastos”.

“Queremos fomentar o comercio local e de proximidade entre as veciñas e veciños de Lugo, facilitando que se poidan achegar a mercar na Praza e ao Mercado”, afirmou Cristina López, que lembrou que “desta maneira tratamos de colaborar tamén en reducir o impacto que a crise sanitaria poida producir nos distintos negocios da Praza e do Mercado Municipal”.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre a apertura da Praza e do Mercado, o domingo 4 | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-participacion-informa-que-praza-de-abastos-abrira-o-vindeiro-domingo-en-horario-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200929_cristina_lopez_praza_e_mercado_domingo_4.mp3