A área de Cultura envía protocolos de actuación ante agresións machistas ás asociacións de Hostalería e Taxistas

Sabemos que, tanto no sector do taxi como no da hostalaría, xa se ven prestando atención para evitar agresións por iso queremos contar formalmente coa súa colaboración” explicou a edil de Cultura

Domingo, 29 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura envía protocolos de actuación ante agresións machistas ás asociacións de Hostalería e Taxistas

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que se enviou ás asociacións de Taxistas e Hostalería un protocolo de actuación para que as persoas asociadas poidan axudar na atención de  casos de acoso ou violencia machista na noite de fin de ano. Sabemos que, tanto no sector do taxi como no da hostalaría, xa se vén prestando atención para evitar agresións por iso queremos contar formalmente coa súa colaboración” explicou a edil de Cultura. Distribuirase, entre profesionais do taxi e da hostalería, información de cómo actuar no caso de presenciar algunha agresión sexista ou de que algunha muller requira a súa axuda por sentirse acosada.

Esta Medida, xunto coa instalación de un Punto Violeta durante a noite de Fin de Ano que “igual que nas festas de San Froilán farase cargo a Cruz Vermella da súa atención e estará situado na Praza Maior durante toda a noite” pretende contribuír a previr situacións de acoso ou violencia machista e atender a posibles vítimas. Todas as persoas que o desexen poderán achegarse a recibir información ou comunicar calquera tipo de situación de acoso sexual. Ademais repartiranse folletos informativos.

“As violencias sexistas son moi variadas en relación aos ámbitos e espazos nos que se producen pero sabemos que momentos como a noite de fin de ano son especialmente proclives a este tipo de situacións”, sinalou Maite Ferreiro e concluíu “debemos concienciar e sensibilizar a sociedade para modificar e erradicar actitudes e comportamentos sexistas nos espazos de ocio, creando así espazos libres de agresións onde todos es todas poidamos gozar das festas libremente e con tranquilidade”.

Máis info

  • Cómo actuar fronte as agresións sexistas dende os locais de ocio | Descargar pdf
  • Cómo actuar fronte as agresións sexistas dende o colectivo do taxi | Descargar pdf

Noticias relacionadas