Arde Lucus 2024 contará cun reforzo dos Corpos de seguridade sen precedentes para garantir a protección cidadana

A Policía local despregará ata 10 patrullas de forma simultánea para atender as necesidades do evento nos momentos de máxima actividade da programación.

Habilitaranse dúas dotacións de bombeiros formada por 8 profesionais cuxa base para cubiri posibles incidencias estará situada na praza da Soidade e na praza de Avilés.

O Servizo Municipla de Protección Civil instalará ademais dous puntos de indetificación para menores con pulseira que estarán situados na praza Maior e na praza dá Soidade.

Venres, 31 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arde Lucus 2024 contará cun reforzo dos Corpos de seguridade sen precedentes para garantir a protección cidadanaArde Lucus 2024 contará cun reforzo dos Corpos de seguridade sen precedentes para garantir a protección cidadana

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidieron hoxe a Xunta Local de Seguridade do Arde Lucus na que se abordou o deseño dos dispositivos de vixilancia que se desenvolverán na capital entre o 13 e o 16 de xuño con motivo da celebración das festas de recreación histórica. Durante a reunión, que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do concello, a rexedora puxo en valor a relación de cooperación permanente que manteñen Policía Local, Policía Nacional, Policía Autonómica, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil. “A liña de traballo colaborativo que manteñen todos o noso curpos de seguridade e os servizos de emerxencia contituye un aval fiudnamental para o desenvolvemento dos espectáculos e actividades programadas dentro desta festa desenvólvase coa máxima seguridade”, afirmou Alvarellos, quen agradeceu a implicación de todos os corpos.

Así, a Policía local despregará para o Arde Lvcvs 2024 ata 10 patrullas de forma simultánea para atender as necesidades do evento nos momentos de máxima actividade da programación. Deste xeito, durante as tardes do venres 14 e sábado 15, así como as madrugadas de mesmo sábado e do domingo 16, e coincidindo cos eventos máis multinudinarios, se concetrará o maior número de efectivos. Ademais este control de eventos, así como a supervisión dos accesos efectuarase en colaboración co Servizo Municipla de Protección Civil. De feito, o servizo de voluntarios instalará dous puntos de indetificación para menores con pulseira que estarán situados na praza Maior e na praza da Soidade e que teñenm por obxectivo a localización das crianzas en caso de desorientación.

Así mesmo, no encontro desta mañá concretouse o Plan de Autoprotección dos festexos que, entre outras medidas, contempla unha dotación de bombeiros exclusiva, que se suma ao servizo ordinario da cidade e que atenderá as posibles incidencias relacionadas co Arde Lvcvs con base en dous puntos estratéxicos da zona urbana. Deste xeito, habilitaranse dúas dotacións de bombeiros formada por 8 profesionais. Unha situada en praza da Soidade e outra con base na praza de Avilés.

Todo este esforzo completaráse cos dispotivos da Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil de Tráfico. Pola súa su banda,  Isabel Rodríguez ofreceu a máxima colaboración e apoio dos corpos e forzas de seguridade do Estado ao concello, “especialmente nunha cita que suscita grande interese polo seu atractivo histórico, cultural e social, e que encherá de novo as rúas de Lugo”. Por iso, garantiu “a coordinación en materia de seguridade para tratar de que todo se desenvolva coas máximas garantías e sen incidencias”.

Noticias relacionadas