Ana Prieto participa na Asamblea anual da Rede de Cidades Intelixentes

Este encontro, que se celebrou este mércores en Fira Barcelona, reuniu a alcaldes, concelleiros e representantes dos 65 municipios que integran esta rede

Mércores, 18 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Prieto participa na Asamblea anual da Rede de Cidades Intelixentes

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participou este mércores na Asamblea anual da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), que reuniu en Fira Barcelona a alcaldes, concelleiros e representantes dos 65 municipios que integran este colectivo.

Na reunión deuse conta do evento startup4cities 2015, celebrado o martes. Trátase dun certame no que un cento de emprendedores españois e portugueses presentaron os seus proxectos para mellorar a xestión e a calidade de vida das súas cidades. Finalmente levaranse a cabo 7 destas propostas que pretenden dar resposta aos novos desafíos do desenvolvemento urbano, 6 en España e 1 en Portugal.

A Asamblea de RECI tamén deu conta de todas as actuacións levadas a cabo pola súa Oficina Técnica e os seus cinco Grupos de Traballo no último ano, así como dos convenios de colaboración asinados, os congresos e as xornadas nos que se particiou e as incorporacións de novas cidades, que pasaron das 25 existentes en 2012 a 65 na actualidade.

RECI

A Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) constituíuse en xuño de 2012 co obxetivo de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente para desenvolver un modelo de xestión sostible e mellorar a calidade de vida dos cidadáns, incidindo en aspectos como o aforro enerxético, a mobilidade sostible, a Administración, a atención ás persoas ou a seguridade. Actualmente está formada por 65 cidades. Ademais de Lugo, desta rede forman parte A Coruña, Albacete, Alcalá de Henares, Alcobendas, Alcorcón, Alicante, Almería, Alzira, Aranjuez, Arganda del Rey, Ávila, Badajoz, Barcelona, Burgos, Cáceres, Castellón, Ciudad Real, Córdoba, Guadalajara, El Puerto de Santa María, Elche, Fuengirola, Getafe, Gijón, Jaén, L’Hospitalet de Llobregat, Huelva, Las Palmas de Gran Canaria, Logroño, Huesca, Madrid, Majadahonda, Málaga, Marbella, Mérida, Molina de Segura, Móstoles, Motril, Murcia, Oviedo, Palencia, Palma de Mallorca, Pamplona, Paterna, Ponferrada, Pozuelo de Alarcón, Rivas Vaciamadrid, Sabadell, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Sant Cugat, Santa Cruz de Tenerife, Santander, Santiago de Compostela, Segovia, Sevilla, Tarragona, Toledo, Torrejón de Ardoz, Torrent, Valencia, Valladolid, Vitoria-Gasteiz e Zaragoza. A fundación Fundetec é a súa oficina técnica.

Multimedia

  • Ana Prieto participa na Asamblea anual da Rede de Cidades Intelixentes

Noticias relacionadas