Ana Abelleira coñece os traballos resultantes nos obradoiros de animación sociocultural postos en marcha polo Concello

Luns, 28 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira coñece os traballos resultantes nos obradoiros de animación sociocultural postos en marcha polo Concello

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, asistiu á mostra de traballos realizados polas persoas participantes en diversos talleres de animación sociocultural e aulas abertas, organizados polo Concello, no Centro Social Díaz Castro, no Centro de Convivencia Maruja Mallo e no Sagrado Corazón. A exposición engloba numerosas pinturas e pezas froito do traballo realizado ao longo de todo o ano, na que se inclúen manualidades fabricadas con materiais reciclados, encaixe de bolillos, papeis de periódico ou cestería entre outros.

A edil felicitou as persoas participantes polos resultados acadados ao final dos obradoiros e “permítenos comprobar así o éxito desta programación, que conforma unha alternativa para os veciños e veciñas de Lugo que optan polo ocio saudable e a aprendizaxe de novas habilidades, ocupando así o seu tempo de lecer”.

Multimedia

  • Ana Abelleira coñece os traballos resultantes nos obradoiros de animación sociocultural postos en marcha polo Concello

Noticias relacionadas