Alumnos e alumnas de intercambio procedentes de Alemaña visitan o Concello

Martes, 21 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnos e alumnas de intercambio procedentes de Alemaña visitan o Concello

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, recibiu este martes, no Salón de Plenos do  Concello, a un grupo de estudantes alemáns, concretamente da localidade de Leipzig, que están estes días na cidade grazas ao intercambio entre o seu cenro educativo e o IES Lucus Augusti. Daniel Piñeiro deulles a benvida a Lugo, explicándolles os principais atractivos da cidade, como o patrimonio histórico, cultural, medio ambiental e o gastronómico; ao tempo que os convidou a aproveitar ao máximo a súa estancia luguesa para coñecer unha cidade nova e o intercambio estudiantil para o seu crecemento académico e persoal.

Noticias relacionadas