Alumnos do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes visitaron o CEI-NODUS

Xoves, 11 de novembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

25 Alumnos do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes visitaron o CEI-NODUS dentro das actividades organizadas para fomentar o emprendemento entre a mocidade de Lugo. Os rapaces asistiron a unha charla impartida por técnicos de Bic Galicia e do Centro de Empresas e Innovación.

O obxectivo desta sesión é achegar aos asistentes á realidade do mundo da empresa, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plano de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos.

Tralo seminario, os rapaces fixeron unha visita polas instalacións do CEI-Nodus e do Espazo Lab na que os técnicos municipais lles explicaron os servizos e recursos que o centro pon a súa disposición.

Para rematar a xornada os alumnos foron recibidos polo persoal da empresa efedeuno, que está asentada no CEI-NODUS, para coñecer de primeira man as experiencias dunha empresa instalada no viveiro municipal.

cei.lugo.es

www.lugo.es/espazolab

 

Multimedia

Noticias relacionadas