Alumnos de Eficiencia Enerxética do CIFP As Mercedes visitan o Impulso Verde de Lugo como edificio referente nesta materia

Xoves, 09 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnos de Eficiencia Enerxética do CIFP As Mercedes visitan o Impulso Verde de Lugo como edificio referente nesta materia

Un grupo de alumnos do CIFP As Mercedes de Lugo que están a cursar un Ciclo de Eficiencia Enerxética e outro de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Climatización, visitaron esta semana o edificio municipal Impulso Verde, situado na Garaballa, como referente nestes ámbitos. Na visita  participaron un total de 19 alumnos, de idades comprendidas entre 20 e 25 anos, acompañados por 5 mestres do centro.

Os rapaces mostráronse moi interesados na visualización das instalacións climáticas do edificio, da súa estratexia de adaptación climática e do seu sistema de climatización por biomasa e freecooling, que puideron coñecer in situ.

O Impulso Verde cumpre, a través das numerosas visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente do modelo de cidade que lidera a alcaldesa Lara Méndez. Un proxecto, clave na educación e na concienciación cidadá para avanzar na configuración de urbes máis fortalecidas ante o cambio climático.

Noticias relacionadas