Alcaldía rematará entre hoxe e mañá a retirada de escombros, contemplada no Plan de acción de mellora de infraestruturas nos polígonos industriais de O Ceao e As Gándaras

As primeiras intervencións comezaron coa retirada de residuos na Rúa dos Carros e nas vías E e J, mentres que agora se está a actuar nun vertedoiro no camiño do Cortizo.

Miguel Fernández sinala que onte comprometeuse coa asociación de empresarios de ambos parques a solucionar de xeito inmediato estes tipo de problemas máis urxentes.

Para retirar os materiais de construción e os residuos empregáronse camións, tractores con pala e desbrozadoras, ademais de peóns, condutores, capataces e supervisores.

Martes, 22 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alcaldía rematará entre hoxe e mañá a retirada de escombros, contemplada no Plan de acción de mellora de infraestruturas nos polígonos industriais de O Ceao e As Gándaras

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, comprometeuse onte cos representantes da Asociación de Empresarios de O Ceao As Gándaras a abordar de xeito inmediato a solución a varios problemas urxentes en ambos parques empresariais. Un dos máis apremados é o estado dalgúns puntos nos que se acumulan escombros, materiais de construcción e maleza, que de non atallarse rapidamente pode xerar un efecto chamada para converterse en vertedoiros incontrolados, segundo explicaron onte ao alcalde os representantes do citado colectivo. Para evitalo e para dar resposta as demandas trasladadas onte, comezaron xa de xeito inmediato estas actuacións de retirada de escombros que se inclúen nese plan de acción de mellora de infraestruturas en ambos polígonos, ás que se sumarán en breve a limpeza de zonas afectadas e a reposición de tapas de sumidoiros.

Os traballos de retirada de escombros e material de refugallo comezaron e remataron xa na Rúa dos Carros, no polígono do Ceao, e nas vías J e E, Eleizegui López Antonio, do parque empresarial das Gándaras. Esta mañá continuaban no Camiño do Cortizo, onde se localizou un vertedoiro, aínda que está previsto que todos estes traballos finalicen entre hoxe e mañá. Para acometer estas obras a empresa concesionaria do servizo de limpeza empregou un camión de caixa aberta, tractor desbrozador, tractor con pala e un bo número de traballadores entre peóns, condutores, capataces e supervisores. Neste sentido o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sinalou que “puxemos en marcha as intervencións o antes posible para frear esta situación, co que evitaremos que o problema vaia a máis ao tempo que favorecemos a conciencia cívica, necesaria para que estas prácticas non se repitan”.

Ademais, de xeito paralelo, desde Alcaldía trasladouse a necesidade de reparar ou repoñer as tapas dos sumidoiros danadas en ambos parques, atallando así outra das demandas da Asociación de Empresarios do Ceao As Gándaras. Polo de agora se están a analizar todas as reclamacións realizadas onte polo citado colectivo para despois determinar se as tapas a repoñer son, efectivamente, de abastecemento ou saneamento, ou de servizos eléctricos, empresas de telefonía ou de acometidas privadas. A ámbalas dúas intervencións, tamén se sumarán os traballos de limpeza e desbroce que se desenvolverán nalgunhas das zonas destes dous polígonos.

Todas estas actuacións responden ao plan de acción de mellora de infraestruturas, onde se contempla ademais a actualización da sinalizacións nos polígonos, o acondicionamento de rotondas e o estudio para a ampliación de zonas de estacionamento, entre outros aspectos.

Multimedia

  • Alcaldía rematará entre hoxe e mañá a retirada de escombros, contemplada no Plan de acción de mellora de infraestruturas nos polígonos industriais de O Ceao e As Gándaras
  • Alcaldía rematará entre hoxe e mañá a retirada de escombros, contemplada no Plan de acción de mellora de infraestruturas nos polígonos industriais de O Ceao e As Gándaras

Noticias relacionadas