A Alcaldesa recibe no Concello a profesores de Belas Artes de Calcuta

Mércores, 06 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe no Concello a profesores de Belas Artes de Calcuta

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este mércores, no Salón de Plenos, a catro profesores da Facultade de Belas Artes da Amity University de Calcuta (India), que visitan Lugo grazas ao programa europeo Erasmus+ KA 107, dirixido aos docentes, no que participa a Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón. Na recepción tamén estiveron presentes profesores do centro lugués.

Devolven así a visita que fixo o profesor da Escola lucense Xosé Fontal como parte dunha delegación de profesores españois de centros de arte que viaxaron a esta universidade de Calcuta a finais do pasado mes de marzo.

Este programa fomenta a cooperación entre o centro indio e o lucense, de cara mesmo a estudar a posibilidade de intercambio e mobilidade do alumnado.

Amity University é un centro privado, líder asiático en investigación e desenvolvemento. Conta con sedes en Londres, Singapur, Dubai, Abu Dhabi, Mauricio, Sudáfrica, China e Romanía. Suma máis de 100 facultades en todo o mundo.

Noticias relacionadas