Para a rexedora trátase dunha distinción "satisfactoria e gratificante", e máis cando vén da Casa de Galicia, "que é a porta de entrada da nosa comunidade fóra dela". Neste caso ademais porque o Concello de Lugo sempre fai uso desta institución para proxectar a cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este xoves, na Casa de Galicia en Madrid, un recoñecemento á súa traxectoria profesional e humana, e unha homenaxe tamén pola súa implicación con este centro galego na capital e con Galicia.
Para a rexedora trátase dunha distinción "satisfactoria e gratificante", e máis cando vén da Casa de Galicia, "que é a porta de entrada da nosa comunidade fóra dela". Neste caso ademais, tal e como manifestou Méndez, porque o Concello de Lugo sempre fai uso deste institución para proxectar a cidade, como pode ser en citas como o Arde Lucus ou o san Froilán, as dúas festas de Interese Turístico Nacional cos que conta o municipio.
Nesta liña, a Alcaldesa, quen definiu o día de hoxe como "importante para min e para a cidade", asegurou que o Goberno Local de Lugo quere que a Casa de Galicia continúe sendo un elemento dinamizador da propia cidade na capital.