A rexedora mostrou o seu malestar polo atraso que acumula o proxecto que aínda non foi licitado acumulando case un ano de atraso desde que a Consellería de Sanidade comprometeu a súa mellora o pasado mes de marzo.
“As consecuencias desta mala xestión tradúcense nun ano perdido e o diñeiro reservado nos Orzamentos tamén perdido, polo que será necesario consignar novos fondos para este proxecto no Orzamento de 2025”, explicou a rexedora.
“Non podemos permitirnos esperar un lustro, ou nalgúns casos unha década, para que os proxectos estratéxicos da cidade que son competencia autonómica culmínense e sexan postos ao dispor da veciñanza”, sinalou.
- Tema

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou esta mañá que o seu goberno instará formalmente á Xunta de Galicia a desbloquear a reforma do centro de saúde da Milagrosa e concretar de forma inmediata os prazos para a licitación do proxecto, a súa redacción e a posterior licitación e execución da obra. A rexedora mostrou a súa preocupación e o seu malestar polo atraso que acumula o proxecto que aínda non foi licitado acumulando case un ano de atraso desde que a Consellería de Sanidade comprometeu a súa mellora o pasado mes de marzo. Alvarellos Fondo cualificou esta dotación como elemento de valor estratéxico para manter a calidade da atención sanitaria pública que se presta á poboación da zona norte da cidade. “Estamos a falar dun punto de atención primaria que atende a miles de lucenses e que neste momento conta cunhas instalacións que non cumpren os estándares do século XXI”, remarcou.
“A principios deste ano a Xunta encomendou á Axencia Galega de Infraestruturas realizar o proxecto de execución da reforma do Centro de Saúde da Milagrosa, agora a escasos días para que termine o ano, publican que non ten capacidade para levalo a cabo e devolven o encargo ao Sergas para que sexa o propio Servizo Galego de Saúde quen faga o proxecto. As consecuencias desta mala xestión tradúcense nun ano de atraso e o diñeiro reservado nos Orzamentos perdido, polo que será necesario consignar novos fondos para este proxecto no Orzamento de 2025”, explicou Alvarellos.
“Desgraciadamente as e os lucenses estamos observamos con resignación como unha e outra vez o Goberno galego realiza promesas para Lugo que quedan só niso, en promesas. Cando non directamente tentan pasar a súa responsabilidade a outras administracións para xustificar os continuos atrasos. Non podemos permitirnos esperar un lustro, ou nalgúns casos unha década, para que os proxectos estratéxicos da cidade que son competencia autonómica culmínense e sexan postos ao dispor da veciñanza: Plan Paradai, desdobramento do tramo do corredor entre Nadela e Sarria, o Museo da Romanización, o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, a construción de vivenda pública, ou poñer ao dispor da cidadanía os aparcamentos en dotacións da súa titularidade. O denominador común de todos estes proxectos demandados pola sociedade lucense son os anos de atraso que acumulan”, lembrou a rexedora.
Audio
- Paula Alvarellos, sobre a reforma do centro de saúde da Milagrosa | Descargar mp3

