
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres nasI Xornadas pola Igualdade de Xénero, organizadas polo instituto lugués Ánxel Fole. Concretamente a rexedora, ex alumna do centro, estivo presente na mesa redondaMulleres emprendedoras, na que compartiu intervencións coa oficial da Policía Nacional, Nuria García, e as empresarias da empresaMi madre no me deja, Rebeca López e Alejandra Iglesias.
Nas intervencións, Méndez, García, López e Iglesias contaron como foi o seu itinerario profesional, así como as dificultades que atoparon por ser muller na súa profesión. Tamén tiveron palabras para aconsellar e recomendar ao alumnado presente, de primeiro a cuarto da ESO.
A rexedora fixo fincapé na necesidade de recoñercer a unha muller polo seu posto, "porque, por desgraza é unha novidade, aínda que cada vez menos". Así mesmo, reivindicouse como feminista e fixo un chamamento para que as persoas ocupen distintos espazos na sociedade, e non os ocupe un home ou unha muller, sin distinción.
Ademais desta mesa redonda, as xornadas, que arrincaron o 12 de abril e concluirán o 22 de maio, inclúen charlas-coloquios, ponencias e monólogos. As e os estudantes participan dunha forma activa en todas as xorndas, elaborando artigos de opinión, noticias, ou exposicións, entre outros.