A Alcaldesa participa na apertura dos actos conmemorativos do 50 aniversario de Cope Lugo

Xoves, 18 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na apertura dos actos conmemorativos do 50 aniversario de Cope Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves na apertura dos actos conmemorativos do 50 aniversario de Cope Lugo, unha programación organizada pola emisora que se prolongará durante todo o ano e que comezou esta mañá no patio do Vello Cárcere coa presentación do cupón que distribuirá a ONCE o vindeiro luns 22 de maio con motivo do cincuentenario da radio. O acto, presidido polo director de Cope Lugo, Daniel Otero, contou coa presencia do delegado territorial da ONCE en Galicia, Carlos Fernández, así como con membros da Corporación municipal e outras autoridades. O Concello cedeu a fotografía que figura no cupón (a zona onde conflúen os tres patrimonios da humanidade de Lugo, a Muralla, a Catedral e o Camiño), do que se repartirán máis de 5 millóns de unidades por todo o territorio nacional.

A rexedora felicitou á cadea Cope polos seus cincuenta anos de traxectoria de “esforzo, traballo e ilusión” e subliñou o papel fundamental dos medios de comunicación como garantes da democracia, ademais de dar os parabéns á ONCE polo seu labor social diario e por esta nova colaboración para difundir de xeito masivo a cidade de Lugo a través dos seus cupóns.

Noticias relacionadas