A Alcaldesa inaugura unhas xornadas técnicas sobre seguridade ferroviaria as que asisten Bombeiros, Policía e Protección Civil

Luns, 08 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa inaugura unhas xornadas técnicas sobre seguridade ferroviaria as que asisten Bombeiros, Policía e Protección Civil

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este luns no CEI Nodus unhas xornadas técnicas sobre seguridade ferroviaria nas que participarán, por quendas, durante esta semana os membros do Parque de Bombeiros, a Policía Local e Protección Civil. A acción formativa, organizada por iniciativa do Concello, está aberta en calquera caso a todos os corpos de seguridade. A rexedora subliñou a importancia da constante ampliación e actualización de coñecementos dos servizos municipais que atenden as emerxencias no municipio, porque “a maior formación, máis seguridade para a cidadanía”.

Nas xornadas, o responsable de Protección e Seguridade de Adif, Antonio González Morales, explicará o sistema de seguridade ferroviario, as condicións, tipo de transporte e accesibilidade das vías, dado que coñecer as manobras precisas para o rescate nas vías e a coordinación entre os distintos servizos e corpos e forzas de seguridade é esencial para a protección dos accidentados e para a propia seguridade das persoas que atenden as emerxencias.

Noticias relacionadas