A Alcaldesa felicita ao deportista Isaac Toro, que vén de acadar a medalla de ouro en piragüismo nos Xogos Olímpicos

Lara Méndez mostroulle a ledicia do pobo de Lugo ante este importante recoñecemento deportivo ao seu esforzo e constancia, o que lle permitiu lograr esta medalla

Xoves, 18 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Imaxe de arquivo da recepción da Alcaldesa, Lara Méndez, a Isaac Toro este pasado mes de maio

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, felicitou este xoves ao deportista do Club Fluvial, Isaac Toro, que xunto ao seu compañeiro Saúl Craviotto, veñen de acadar a medalla de ouro en piragüismo k2 200 nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro.

Deste xeito, Isaac Toro consegue a primeira medalla galega nestes Xogos Olímpicos, polo que a Alcaldesa mostroulle toda a súa ledicia e a do pobo de Lugo, ante este importante recoñecemento deportivo ao seu esforzo e constancia, o que lle permitiu lograr esta medalla de ouro.

A rexedora xa recibira no mes de maio ao deportista na Casa do Concello, para felicitalo polos recoñecementos acadados, ademais de desexarlle moita sorte e moitos éxitos nestes xogos olímpicos. Nesta recepción, a Alcaldesa mostroulle a súa certeza de que volvería traéndolle ao pobo de Lugo a medalla de ouro.

Noticias relacionadas