A Alcaldesa entrega o premio a Gianni Meersman, gañador da 5ª etapa da Volta Ciclista, que tivo a súa meta en Lugo

Mércores, 24 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa entrega o premio a Gianni Meersman,  gañador da 5ª etapa da Volta Ciclista, que tivo a súa meta en Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregou este mércores o premio ao belga Gianni Meersman, que foi o vencedor da 5ª etapa da 71ª Volta Ciclista a España, cun tempo de 4º 16’ 42’’. No acto tamén participou o Presidente da Deputación, Darío Campos.

Os corredores arrincaron esta 5ª etapa, composta por máis de 170 quilómetros, dende Viveiro e ata Lugo, entrando na cidade pola Ronda Norte cara a rúa Hortensia, praza de Garabolos, N-VI (dirección Madrid), glorieta Vítimas do Terrorismo, Paseo do Rato, rúa San Eufrasio, praza Conde Fontao, rúa Castelao, Ronda Muralla (en sentido contrario ao habitual), praza da Constitución, rúa Anxo López Pérez, praza Xaquín Lorenzo, rúa Vilalba e Ronda Muralla ata zona de meta, á altura da Porta de San Fernando.

Noticias relacionadas