A Alcaldesa e o Vicepresidente da Deputación festexan en Nou Barris o San Froilán catalán con miles de galegos

Sábado, 01 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e o Vicepresidente da Deputación festexan en Nou Barris o San Froilán catalán con miles de galegos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, festexaron este sábado o San Froilán catalán no barrio barcelonés de Nou Barris, onde residen centos de lugueses e galegos. No acto tamén estivo presente a rexedora barcelonesa, Ada Colau, así como representantes da Asociación de Amigos do San Froilán, entre outros, que previamente percorreron os stands do feiral.

Durante a inauguración, a Alcaldesa subliñou os lazos que se estreitaron entre Lugo, un pobo migrante en busca de oportunidades, e Barcelona, unha cidade acolledora e cálida para a xente que proba fortuna. Deste xeito, a rexedora agradeceulles aos lugueses residentes en Barcelona a súa labor de embaixadores, “que non ten prezo para o pobo de Lugo”.

Lara Méndez puxo en valor o labor da Asociación de Amigos do San Froilán, que ao longo de 22 anos leva no recordo a Lugo e ao San Froilán, conseguindo que estas festas sexan as máis importantes da Cidade Condal despois das tradicionais da Merced. Así mesmo, agradeceulles a súa vontade de facer partícipes ao Concello e á Deputación nos festexos.

Nesta liña insistiu o Vicepresidente da Deputación, quen convidou a todos os presentes a desfrutar das festas e a achegarse a Lugo a vivir o San Froilán lugués.

Ao remate do acto, Lara Méndez entregou unha réplica da Muralla de Lugo á rexedora barcelonesa.

Multimedia

  • A Alcaldesa e o Vicepresidente da Deputación festexan en Nou Barris o San Froilán catalán con miles de galegos

Noticias relacionadas