A Alcaldesa destaca o esforzo da Policía Local por mellorar a súa formación, o que repercutirá na seguridade da veciñanza

Lara Méndez visitou aos máis de 20 axentes que participan esta semana nas instalacións de Sanfiz no curso A Policía Local na protección do medio ambiente

Martes, 22 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa destaca o esforzo da Policía Local por mellorar a súa formación, o que repercutirá na seguridade da veciñanza

Ampliar a formación dos axentes da Policía Local en protección de medio ambiente. Este é o obxectivo do curso que acolle dende onte e ata este xoves a aula de formación das instalacións municipais de Sanfiz, no que participan máis de 20 efectivos. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou aos participantes que realizan este cursos intensivo, que se desenvolve en horario de 16:00 a 21:15 horas.

Durante o encontro, a rexedora felicitou aos axentes “por formarse por vocación e non por obriga”, e subliñou a importancia deste tipo de cursos para a constante formación dos axentes da Policía Local de Lugo, para mellorar a súa capacidade de intervención e resolución de calquera situación conflictiva que se poida dar no noso municipio, o que repercutirá na seguridade da veciñanza. “Máis formación para eles significa máis seguridade para todos”, asegurou Lara Méndez, quen ensalzou a temática do curso, escollida polos propios axentes, a protección do medio ambiente, un asunto de prioridade para o Goberno Local, sobre o que centra o eixo das súas políticas, que teñen ademais como principio e fin as persoas.

A formación é impartida por axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña, que abordarán cuestións como a vixilancia, controis de contaminación ambiental, tanto no que se refire a residuos sólidos urbanos, acuíferos ou canteiras, cooperación coa disciplina urbanística,  a tenencia  de razas perigosas de animais ou o auxe de domesticación de animais non autóctonos, entre outros asuntos. 

Noticias relacionadas