Xoves, 07 de novembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía hoxe no Salón de Plenos a 50 alumnas e alumnos de oito anos do colexio Divina Pastora – Salesianos Lugo para explicarlles o funcionamento do Concello.
A rexedora aproveitou a visita para conversar durante un anaco coas nenas e nenos deste centro do barrio da Milagrosa que acudiron á Casa Consistorial con moitas dúbidas sobre a cidade e o traballo que desenvolve a administración logo de estudala na asignatura de Ciencias Socias.