Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa de Lugo recibe no Concello ao alumnado do CEIP Divina Pastora

A alcaldesa de Lugo recibe no Concello ao alumnado do CEIP Divina Pastora

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Centros de ensino
Xoves, 07 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo recibe no Concello ao alumnado do CEIP Divina Pastora

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía hoxe no Salón de Plenos a 50 alumnas e alumnos de oito anos do colexio Divina Pastora – Salesianos Lugo para explicarlles o funcionamento do Concello.

A rexedora aproveitou a visita para conversar durante un anaco coas nenas e nenos deste centro do barrio da Milagrosa que acudiron á Casa Consistorial con moitas dúbidas sobre a cidade e o traballo que desenvolve a administración logo de estudala na asignatura de Ciencias Socias.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-de-lugo-recibe-no-concello-ao-alumnado-do-ceip-divina-pastora