
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este xoves o acto de toma de posesión de 10 novos xefes de sección do Concello, dando pasos para establecer unha estructura organizativa ordenada, xerarquizada e áxil ao servizo da cidadanía no Concello.
O acto tivo lugar no Salón de Plenos. No transcurso do mesmo, ao que tamén asistiu a Concelleira de Economía e Recursos Humanos, Paula Alvarellos, e a Vicesecretaria do Concello, a rexedora desexoulles moitos éxitos nos seus cometidos.
Os funcionarios que tomaron posesión foron José Chavarría Chao, xefe de sección de Actas da Secretaría Xeral; Carolina Álvarez López, xefa de sección de Administración Municipal da Secretaría Xeral; Jesús Gandoy Cerceda, xefe de sección de Patrimonio do Servizo de Contratación e Patrimonio; María Isabel Varela López, xefa de sección de Mobilidade Urbana e Sancións; Marcos López Fernández, xefe de sección de Medio Rural; María Carmen Rozas Bello, xefa de sección do Órgano de Orzamentación e Contabilidade; Pedro Fernández Agusti, adxunto de Servizo de Facenda Local; Marta Carballal Neira, adxunto de Servizo de Enxeñería; María José Pena Lage, Xefe de Sección da Casa da Xuventude; e Rosa Rodríguez Rodríguez, xefa de sección de Participación Cidadá e Mercados Locais.