A alcaldesa de Lugo preside na Catedral a ofrenda da Corporación Municipal a San Froilán, no día do Patrón

Paula Alvarellos, acompañada de concelleiras e concelleiros de todos os grupos políticos, encabezou un dos actos máis tradicionais e con raizame destes festexos

Sábado, 05 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo preside na Catedral a ofrenda da Corporación Municipal a San Froilán, no día do Patrón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu a ofrenda da Corporación Municipal a San Froilán, no día do Patrón, celebrada esta mañá na Catedral de Lugo. Trátase dun dos actos de máis raizame desta xornada festiva, na que tamén tivo lugar a recepción oficial á Corporación do Concello de Ferrol.
 
A comitiva encargada de facer a ofrenda a San Froilán partiu da Casa Consistorial pouco antes do mediodía para asistir á cerimonia relixiosa que tivo lugar na Catedral, oficiada polo Obispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco. O traxecto foi amenizado pola agrupación de música tradicional Os Xílgaros, que acompañou á comitiva no seu percorrido pola Praza Maior ata chegar á Praza de Santa María.

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo preside na Catedral a ofrenda da Corporación Municipal a San Froilán, no día do Patrón

Noticias relacionadas