22 establecementos lucenses, ofertarán produtos de calidade a moi bos prezos
A X Feira Outlet estará aberta dende o 17 ao 19 de outubro na praza Anxo Fernández Gómez

Lara Méndez, visitou esta mañá ‘X Feira Outlet’, ubicada na praza Anxo Fernández Gómez, aberta ó publico en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas do 17 ó 19 de outubro. Acompañada da presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López; o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas. A alcaldesa destacou a implicacion e traballo que levan a cabo dende a Asociación de Autónomas para impulsar o comercio na cidade.
A ‘X Feira Outlet’ é unha iniciativa impulsada pola Asociación de Autónomas de Lugo, en colaboración co Concello de Lugo, coa Federación de Comercio, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, celebrará entre o 17 e o 19 de outubro a Feira de Oportunidades- Outlet, que chega este ano á súa décima edición.
Nela participarán 22 establecementos lucenses, pertencentes a distintos sectores, que ofertarán os seus produtos con descontos que parten do 50%.