A alcaldesa de Lugo inaugura o “mellor Rocodrómo de España”

“Queremos en Lugo unha medalla olimpica nesta modalidade” destacou Méndez 

O Concello de Lugo investiu 70.000 euros, nestas instalacións que sitúan a Lugo como municipio de referencia no panorama nacional deste deporte

O Rocodromo cumpre os requisitos do COI para a celebración de probas internacionais en formato olímpico o que sitúa a Lugo como epicentro das competicións de escalada indoor en España

Venres, 18 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo inaugura o “mellor Rocodrómo de España”

Esta maña a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ca Deputada de Turismo, Pilar García Porto, acompañadas doutras autoridades, asistiron á Xornada Inaugural de Portas Abertas do Rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Méndez, o final do acto non dubidou en probar esta modalidade nova para ela.

O Concello de Lugo investiu 70.000 euros, nestas instalacións que sitúan a Lugo como municipio de referencia no panorama nacional deste deporte, o cal conta con miles de afeccionados, 110.000 licencias en España e 5.500 en Galicia.

A alcaldesa de Lugo comentou que “O rocódromo partíu da necesidade de dispor unha instalación ‘indoor’ que permitise desenvolver actividades de montaña nun espazo controlado e hoxe poñemos a disposición dos veciños e veciñas o mellor Rocodrómo de España” tamen destacou que “Queremos en Lugo unha medalla olimpica nesta modalidade”.

Os datos da instalación son espectaculares: 15 metros de altura; zona de velocidade homologada, máis de 3.000 presas de escalada, zonas de dificultade extrema; o primeiro muro de velocidade de 15 metros de altura indoor de toda España. Ademáis de cumprir cos requisitos do COI para a celebración de probas internacionais en formato olímpico o que sitúa a Lugo como epicentro das competicións de escalada indoor en España.

O deseño do “mellor Rocodrómo de España” liderado por Pedro González, que conta no seu haber con varios deseños para Copa do Mundo, correu a cargo da empresa malagueña Shaperwalls s.l.,e contou coa colaboración de escaladores da talla de Patxi Arocena e Carlos Suárez. Da explotación do mesmo ocúpase a empresa Climbing Planet s.l. quen configurou un equipo para o centro con varios Guías de escalada de recoñecida experiencia.

Noticias relacionadas