A alcaldesa de Lugo convida á veciñanza a participar nos II Cantos de Taberna Calle de la Cruz

A Alcaldesa, o presidente de Lugo Monumental e os hostaleiros que organizan esta iniciativa convidaron á veciñanza a participar neste evento, que será o sábado 18 de xaneiro, a partir das 20:00 horas

A convocatoria musical, coa que colabora o Concello, contará coa participación de: Arrebolaxe, Tokaide e Cavanca

No evento colaboran distintos locais que teñen barra e espazo adecuado para estes Cantos de Taberna: Karrusel, Las Cinco Vigas, O Castor, People Lugo e Millenium

Martes, 14 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo convida á veciñanza a participar nos II Cantos de Taberna Calle de la Cruz

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da asociación Lugo Monumental, Luis Latorre, e representantes de distintos establecementos hostaleiros da rúa da Cruz, convidaron á veciñanza a participar na segunda edición dos Cantos de Taberna. A cita terá lugoar o próximo sábado, 18 de xaneiro, a partir das 20:00 horas.

A convocatoria musical, coa que colabora o Concello, contará coa participación de tres agrupacións de música popular galega para animar o ambiente nos distintos establecementos: Arrebolaxe, Tokaide e Cavanca. No evento colaboran distintos locais que teñen barra e espazo adecuado para estes Cantos de Taberna: Karrusel, Las Cinco Vigas, O Castor, People Lugo e Millenium.

Noticias relacionadas