A alcaldesa de Lugo comparte coa veciñanza a reapertura do parque Novo Freire, ampliado e renovado para todas as idades

Lara Méndez destacou a importancia de ir mellorando os espazos públicos para potenciar as relacións interxeracionais “nesa cidade máis amable na que estamos a traballar”.

Nesta actuación, que abarcará unha área de 574 metros cadrados, investíronse 153.000 euros e creáronse catro zonas e de ocio saudable para nenos, maiores e a mocidade.

Venres, 11 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo comparte coa veciñanza a reapertura do parque Novo Freire, ampliado e renovado para todas as idades

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, compartiron esta tarde a reapertura do parque Novo Freire coa veciñanza do barrio e dos seus arredores.

O espazo foi ampliado e remodelado creando zonas de ocio saudable para todas as idades, tamén co fin de potenciar as relacións interxeracionais e facilitar a conciliación. Nesta execución invertíronse máis de 153.000 euros.

A rexedora puxo en valor el traballo que se está desenvolvendo para mellorar os parques públicos para mellorar a calidade de vida nos barrios, “que é unha das nosas prioridades na transformación da cidade, e que tras esta pandemia impulsaremos aínda máis”.

O Goberno local convidou aos máis cativos, un dos colectivos que máis gozarán destas instalacións, a unha merenda saudable, que se distribuíu coa máximas garantías sanitarias, “porque a alimentación tamén é un elemento clave na sostenibilidade, que inclúe hábitos de vida máis sans”.

No espazo que se reabre se estableceron catro zonas de lecer, pensadas para todas as idades:

  • Unha zona de xogos infantís, que disporá dunha torre multidisciplinar e outros elementos como un carrusel, un tren, columpios e xogos inclusivos para nenos e nenas con mobilidade reducida.
  • Unha zona deportiva para adolescentes, que contará cun circuíto de Street Workout, é dicir, con diferentes estruturas destinadas ao exercicio físico ao aire libre.
  • Unha zona de máquinas biosaudables para adultos, que incluirá media ducia  de aparatos de ximnasia, todos eles con estrutura de aceiro galvanizada.
  • E un espazo intermedio ou de descanso, con mobiliario urbano como bancos, unha fonte de beber dobre e adaptada para persoas con mobilidade reducida, árbores e papeleiras.

Renovación e dotación de novos parques

O concelleiro de Medio Ambiente, lembrou que esta actuación se suma a execución doutros novos espazos urbanos verdes e de lecer para a cidadanía, como o novo parque ubicado entre as rúas Manuel María e Túnel de Oural, na Piringalla, ou a ampliación, mellora e cubrición do parque de Augas Férreas, aínda en obras.

Lembrar tamén que neste mandato se realizaron melloras na zona recreativa de Aquilino Iglesia Alvariño, que se puxo en marcha un novo parque infantil na Praza de Bretaña e ampliáronse os parques infantís de Campo Castelo e Albeiros. Ademais, se procedeu a acondicionar o parque Gallego Tato e a restaurar da pérgola da praza Viana do Castelo, entre outras intervencións. 

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo comparte coa veciñanza a reapertura do parque Novo Freire, ampliado e renovado para todas as idades
  • A alcaldesa de Lugo comparte coa veciñanza a reapertura do parque Novo Freire, ampliado e renovado para todas as idades

Noticias relacionadas